Con motivo dos danos causados nas vivendas pola explosión o día 23 de maio dun almacén non autorizado de material pirotécnico na parroquia de Paramos en Tui, desde o Concello de Tui, solicitan unha listaxe de colexiados/as interesados/as na redacción de MEMORIAS VALORADAS.
É por iso que o Colexio procede á convocatoria para organizar unha listaxe única na que se poderán inscribir os/a colexiados/as pertencentes a calquera delegación do COAG que cumpran os requisitos indicados.
Máis información e inscrición no Panel de Servizos / Emprego e convocatorias / Convocatorias, listas e bolsas.