Convocatoria arquitecto/a colaborador/a das actividades culturais da Delegación de Santiago

20 Ago 2021

Convocatoria para a selección de COLEXIADO/A COLABORADOR/A para dar apoio nas accións culturais que se celebren na delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizadas pola súa Xunta Directiva.

OBXECTO DA COLABORACIÓN

O COLABORADOR contará co apoio da organización colexial e desenvolverá as seguintes funcións:

1. En relación á planificación dos eventos:

a. Comprobar a dispoñibilidade das salas para as datas programadas e a súa adecuación para cada evento.
b. Incorporación de cada un dos eventos no calendario correspondente.
c. Redacción da información sobre os eventos para súa difusión entre os colexiados a través de web, correos electrónicos e redes sociais.

2. En relación ao desenvolvemento dos eventos:

a. En canto á xestión das salas para realizar eventos:

i. No caso de que se realicen en espazos da delegación de Santiago, encargarase de abrir e pechar as salas coa antelación suficiente.
ii. No caso de que se celebren en salas externas, xestionar a dispoñibilidade e requisitos das mesmas.

b. Verificar que as salas dispoñen do equipamento necesario e que se atopa en boas condicións de funcionamento. En caso contrario, deberán informar con antelación suficiente para que poida emendarse.
c. Controlar a asistencia: a través do procedemento de firmas establecido.

O/a seleccionado/a recibirá como beneficio:

    • Acceso gratuíto a calquera actividade formativa organizada polo COAG no periodo de colaboración coas seguinte condicións:
      • A actividade formativa non poderá superar as 80 horas, en caso de superar dito límite, o/a colaborador/a deberá abonar o importe que corresponda da matrícula.
      • Cando a actividade non interfira na prestación do obxecto da colaboración.
    • Subscrición gratuíta de todos os servizo voluntarios adicionais á cota básica, durante o tempo que dure a colaboración.

CONDICIÓNS DA COLABORACIÓN

  • O/A ARQUITECTO/A COLABORADOR/A comprométese a realizar as tarefas descritas anteriormente en todas as actividades culturais que se celebren na delegación de Santiago organizadas pola súa Xunta Directiva.
  • A Xunta Directiva de Santiago será o órgano encargado de organizar e coordinar a actividade do arquitecto colaborador trasladándolle as indicacións oportunas a tal efecto.
  • A Xunta Directiva de Santiago facilitará ao/á arquitecto/a colaborador/a os materiais, a documentación e información que puideran ser necesarios para tal fin.
  • O/a arquitecto/a colaborador/a non poderá delegar o exercicio das funcións asignadas, salvo autorización expresa da Xunta Directiva de Santiago.
  • A realización das tarefas pode implicar e facer necesario o acceso autorizado a datos de carácter persoal e outra información confidencial que xere deber de gardar segredo e consignaranse documentalmente os deberes e as obrigas legais que colaborador teña, no seu caso, como encargado do tratamento así como o seu compromiso de confidencialidade.
  • A colaboración prolongarase dende o momento da selección ata o 31 de xullo de 2022.
  • O COAG, por acordo da Xunta de Goberno ou da persoa ou organismo en quen delegue poderá cancelar a colaboración en calquera momento, se non se cumpren as condicións da colaboración.
  • Unha vez rematado o período de colaboración, o/a arquitecto/a colaborador/a deberá proceder á devolución daquela documentación ou materiais facilitados ao efecto.
  • En caso de cancelación anticipada da colaboración por solicitude do arquitecto/a colaborador/a ou polo COAG motivada no incumprimento das tarefas e condicións da colaboración, regularizaranse as contraprestacións recibidas da seguinte forma:
    • No que respecta aos servizos voluntarios da cota colexial, perderase a gratuidade dos trimestres que resten ata a finalización da colaboración.
    • No que respecta ás activades formativas, perderase a gratuidade das actividades formativas do período restante e, se no momento da cancelación estase desenvolvendo algunha actividade formativa, valorarase de xeito específico.

PROCESO DE SELECCIÓN: SORTEO E ENTREVISTA PERSOAL

Sorteo

Unha vez rematada a inscrición no prazo que se indica, realizarase un sorteo para seleccionar 3 candidatos que pasarán á fase de entrevista persoal, conforme ao procedemento colexial aplicado en supostos similares. Estes 3 candidatos serán seleccionados por sorteo entre os colexiados que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concorrer a esta convocatoria e cumprir os requisitos indicados.

O sorteo realizarase cunha aplicación informática que utiliza o algoritmo “Fisher– Yates”, o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado.

Con carácter previo o COAG comprobará o cumprimento dos requisitos para a inscrición.

Entrevista persoal

Os/as 3 candidatos/as resultantes por sorteo para optar á praza, serán convocados de xeito individual para realizar unha entrevista persoal que terá lugar nos dez días seguintes á realización do sorteo. A data e hora da entrevista acordarase persoalmente cos/as seleccionados/as.

As entrevistas serán realizadas pola Xunta Directiva da Delegación de Santiago.

A Xunta Directiva poderá reunirse, a estes efectos, presencialmente ou en sesión telemática, en función do que se considere oportuno segundo as condicións sanitarias do momento. Existirá quórum para adoptar acordos sempre e cando estean presentes dous dos seus membros.

Na entrevista aclararanse cos candidatos tódalas posibles dúbidas relacionadas co alcance das tarefas a desenvolver polo candidato para poder confirmar a súa dispoñibilidade.

Ademais, na entrevista valoraranse as seguintes cuestións:

  • Residencia no ámbito da delegación de Santiago de Compostela.
  • A dispoñibilidade para realizar as tarefas da colaboración obxecto da convocatoria.
  • Habilidades de comunicación, capacidade para traballar en equipo, así como unha actitude colaboradora e resolutiva. Ademais, teranse en conta coñecementos de informática e montaxe de equipos informáticos, así como a experiencia en xestión de actividades culturais.

Os/as demais candidatos/as entrevistados/as pasaran a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuación de xeito que, en caso necesario, poida contactarse con eles/as pola orde de prelación indicado. En caso necesario, convocarase aos/as colexiados/as inscritos/as na convocatoria, segundo a orde resultante no sorteo.

INSCRICIÓN: REQUISITOS, FORMA E PRAZO

Poderán inscribirse na convocatoria todos os/as arquitectos/as colexiados/as na Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados e ao corrente das súas obrigas colexiais.

A inscrición nesta convocatoria implica o coñecemento e aceptación das bases da Inconvocatoria, así como as indicacións recollidas no formulario de inscrición.

Os interesados en participar na convocatoria deberán aportar unha carta dirixida aos membros da Xunta Directiva da Delegación de Santiago expoñendo os motivos do seu interese.

A inscrición deberá realizarse a través do seguinte FORMULARIO.

O prazo de inscrición e aportación de documentación acreditativa (carta motivada) rematará ás 13:00 horas do venres 10 de setembro de 2021.

INFORMACIÓN SOBRE TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza da Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de participación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados a consecuencia da súa participación no proceso de selección. A finalidade do tratamento é a xestión do proceso de selección e contratación, e a publicidade do mesmo.

Os datos solicitados a través do formulario de inscrición no proceso de selección resultan necesarios para a comprobación do cumprimento dos requisitos da convocatoria, así como a súa acreditación mediante a documentación oportuna, se o interesado non facilita estes datos podería ver rexeitada a súa solicitude de participación no proceso selectivo.

A base de lexitimación do tratamento é a petición do participante no proceso de selección, como medida precontractual, e o seu consentimento explícito para a publicidade da avaliación obtida a través da zona privada do portal web do COAG.

Así mesmo, se lle informa de que o COAG recorre a servizos de terceiros para la realización servizos que implican el tratamento de datos por conta de aquel, por lo que, como encargados del tratamento, estes terceiros poderán ter aceso ós seus datos nos seguintes casos: Asesoramento xurídico, Provisión de ferramentas ou tecnoloxías da información e comunicación (comunicacións electrónicas e formularios, aloxamento de servidores, provisión y mantemento de software).

A prestación de determinados servizos de comunicacións electrónicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d/b/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros países que teñan ofrecido garantías adecuadas, mediante la autorización de la AEPD y/o la adscrición ó marco de Privacy Shield que garante que os interesados conten con dereitos esixibles e accións legais efectivas.

Pode consultar a información relativa a Privacy Shield Framework nos seguintes enlaces: https://www.privacyshield.gov/ https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt0000000TO6hAAG&status=Actisegjuinteve https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt000000001L5AAI&status=Active

Os datos conservaranse mentres se realice o proceso selectivo polo COAG e posteriormente, durante o prazo de exercicio de accións legais o xudiciais derivadas de la citada relación e para dar cumprimento as obrigas de arquivo o rexistro do COAG.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está a tratar datos persoais que lle concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder a os seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para los fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, neste caso, unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixará de trata-los datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio o la defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

O COAG ten designado un Delegado de Protección de Datos co que pode pórse en contacto a través da dirección de correo electrónico dpd@coag.es

No caso de que o interesado estime que non se está a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado polo COAG ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

CONSULTAS

As consultas sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE

Compartir