Tal e como se indica na Circular 23 2020, convócase un proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun/dunha arquitecto/a para realizar traballos de actualización do inventario de libros vinculados a Libros COAG obrantes na Delegación de Lugo.
A posta en marcha da tenda dixital “LibrosCOAG” supuxo a recuperación, inventariado e posta ao día do extenso fondo editorial do COAG, permitindo poñer á disposición dos seus colexiados, e mesmo adquirir, exemplares dos fondos históricos do COAG, que aínda contan con unha importante cantidade de libros, revistas e publicacións. Así mesmo, comezouse cun proceso de dixitalización deses mesmos fondos cuxo obxectivo é alcanzar á totalidade das publicacións do Colexio.
Dende a área de cultura quérese realizar unha actualización do inventario dos fondos existentes, para verificar o estado dos fondos, as súas existencias e determinar se procede a incorporación de novos fondos para a súa venda.
Por tal motivo, determinouse convocar un proceso de selección para a contratación, mediante un contrato de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar as tarefas anteriormente indicadas.
OBXECTO DO ENCARGO.
A presente convocatoria ten como finalidade:
- A elaboración dun inventario actualizado das existencias de LibrosCOAG almacenadas na delegación de Lugo.
- O inventario realizarase cubrindo un formulario definido polo COAG .
O prazo de presentación rematará ás 23:59 horas do vindeiro 14 de outubro de 2020.