Conferencia Josep María Montaner: Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización

11 Xan 2023

O vindeiro xoves 19 de xaneiro, ás 19:00, terá lugar en Santiago de Compostela a conferencia de Josep María Montaner “Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización”. 

A partires do Plan de Vivienda de Barcelona (2016-2026), analízaranse os proxectos máis emblemáticos, finalizados e en execución, profundizando nas diversas tipoloxías e empezando polos conxuntos de vivenda de nova planta, como o de Glorias, co Master Plan de Cierto Estudio. Continuarase coas novas aportacións á tradición das vivendas municipais dotacionais para xente maior, cos proxectos máis recentes (Glorias, antigua Quirón). Entrarase nos novos proxectos de rehabilitación (rúa Hospital, Lancaster i Robador) na innovación e industrialización para vivendas sociais de emerxencia, como os APROP; e finalizarase coa nova liña de cooperativas en cesión de uso (La Borda, La Balma, etc.).

  • Data: xoves, 19 de xaneiro de 2023.
  • Horario: de 19:00 a 20:30.
  • Lugar de celebración: Plaza de la Quintana, 1, BC

O acceso es libre ata esgotar as prazas dispoñibles. Non obstante, para una correcta organización, para asistir é necesario inscribirse previamente no seguinte [+ENLACE].

 

Compartir