César Portela – Premio á traxectoria profesional dos XIX Premios COAG de Arquitectura

0
Posted by / 15 septiembre 2021 / Categories: Activa, coag, Noticias, Premios, Publicada en Portada / -

Con este premio recoñécese toda unha vida dedicada á Arquitectura e a profesión. Recoñécese o mérito de como, co seu estudo dende unha pequena cidade como Pontevedra conseguiu ser un referente na arquitectura internacional, con obra construída presente en países como Xapón ou Emiratos Árabes Unidos. Non hai fronteiras para a boa Arquitectura nin barrera para os soños tanxibles.

“A Arquitectura refírese basicamente á construción do espazo. …..  

A concepción dese espazo, o soño inicial que desencadea o feito arquitectónico ao imaxinar unha estancia, unha casa, un barrio, unha vila, unha cidade,…. ou un xardín, é parte imprescindible dentro dun proceso construtivo moito máis amplo. Pero sen ese primeiro soño, sen esa faceta creativa inicial, non é posible a Arquitectura. Soñar é, pois, necesario, imprescindible, pero non chega. Os arquitectos non podemos limitarnos simplemente a soñar. Temos tamén que construír, que materializar os nosos soños empregando para iso materiais que debemos coñecer, escoller e traballar para sacarlles o máximo partido de acordo coas súas específicas calidades. E todo iso nos traslada, inevitablemente, ao terreo da Técnica. …”

Con estas verbas comezaba César Portela o discurso de ingreso á Academia Galega das Ciencias.

Arquitectura e Construción, soño e realidade.

Galicia é a terra que acolle gran parte da arquitectura de César Portela, cunha obra que abarca tódalas escalas; dende pequenas intervencións realizadas cun gran coidado e respecto ao Patrimonio construído e ao entorno natural no que se enclava, ata os grandes edificios dotacionais nos que se combina arquitectura, construción e o emprego de novas tecnoloxías. Non nos podemos esquecer tampouco do urbanismo, a docencia, a divulgación, do mesmo xeito que o achegamento e reinterpretación da vivenda tradicional, onde acadou un modelo con características propias e identificables.

Premio Nacional de arquitectura e de Urbanismo, Cesar destaca que “a boa arquitectura é capaz de lograr a par solidez, confort, riqueza formal e espacial sen esquecer a economía de medios.” 

Son moitas as obras na súa traxectoria profesional, pero, queremos facer un brevísimo resumo gráfico sinalando unha das súas primeiras obras, do ano 1970, realizada con Pascuala Campos e a última obra inaugurada ata a data, en 2021. Son un comezo e un momento actual. Rotundidade, sinxeleza, concepto e forma marcan unha liña continua nunha traxectoria profesional.


César Portela – Premio a la trayectoria profesional de los XIX Premios COAG de Arquitectura

Con este premio se reconoce toda una vida dedicada a la Arquitectura y a la profesión. Se reconoce el mérito de cómo, con su estudio desde una pequeña ciudad como Pontevedra, ha conseguido ser un referente en la arquitectura internacional, con obra construida presente en países como Japón o Emiratos Árabes Unidos. No hay fronteras para la buena Arquitectura ni barrera para los sueños tangibles.

“La  Arquitectura se refiere básicamente a la construcción del espacio…..

 La concepción de ese espacio, el sueño inicial que desencadena el hecho arquitectónico al imaginar una estancia, una casa, un barrio, una villa, una ciudad … o un jardín, es parte imprescindible dentro de un proceso constructivo mucho más amplio. Pero sin ese primer sueño, sin esa faceta creativa inicial, no es posible la Arquitectura. Soñar es, pues, necesario, imprescindible, pero no llega. Los arquitectos no podemos limitarnos simplemente a soñar. Tenemos también que construir, que materializar nuestros sueños empleando para eso materiales que debemos conocer, escoger y trabajar para sacarles el máximo partido de acuerdo con sus específicas calidades. Y todo esto nos traslada, inevitablemente, al terreno de la Técnica.  …”

Con estas palabras empezaba César Portela el discurso de ingreso a la academia Galega de las Ciencias.

Arquitectura y Construcción, sueño y realidad.

Galicia es la tierra que acoge gran parte de la arquitectura de César Portela, con una obra que abarca todas las escalas; desde pequeñas intervenciones realizadas con un gran cuidado y respeto al Patrimonio construido y al entorno natural en el que se enclava, hasta los grandes edificios dotacionales en los que se combina arquitectura, construcción y el uso de nuevas tecnologías. No nos podemos olvidar tampoco del urbanismo, la docencia, la divulgación, del mismo modo que el planteamiento y reinterpretación de la vivienda tradicional, donde ha conseguido un modelo con características propias e identificables.

Premio Nacional de arquitectura y de Urbanismo, Cesar destaca que “la buena arquitectura es capaz de lograr a la vez solidez, confort, riqueza formal y espacial sin olvidar la economía de medios.” 

Son muchas las obras en su trayectoria profesional, pero, queremos hacer un brevísimo resumen gráfico señalando una de sus primeras obras, del año 1970, realizada con Pascuala Campos y la última obra inaugurada hasta la fecha, en 2021. Son un comienzo y un momento actual. Rotundidad, sencillez, concepto y forma marcan una línea continua en una trayectoria profesional.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube