Cambio de ubicación e ampliación de aforo. Conferencia Josep María Montaner: Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización

18 Xan 2023

Para poder satisfacer o elevado interese xerado, vimos de modificar o lugar de celebración da conferencia de Josep María Montaner “Política e proxectos de vivenda en Barcelona: Cooperativas, vivendas dotacionais, rehabilitación e industrialización”, que terá lugar mañán xoves 19 de xaneiro, ás 19:00, e de habilitar unha ampliación de aforo, polo que novamente hai prazas dispoñibles.

Así, a conferencia celebrarase no auditorio da sede Afundación, en rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela [+ver en mapa]

A partires do Plan de Vivienda de Barcelona (2016-2026), analízaranse os proxectos máis emblemáticos, finalizados e en execución, profundizando nas diversas tipoloxías e empezando polos conxuntos de vivenda de nova planta, como o de Glorias, co Master Plan de Cierto Estudio. Continuarase coas novas aportacións á tradición das vivendas municipais dotacionais para xente maior, cos proxectos máis recentes (Glorias, antigua Quirón). Entrarase nos novos proxectos de rehabilitación (rúa Hospital, Lancaster i Robador) na innovación e industrialización para vivendas sociais de emerxencia, como os APROP; e finalizarase coa nova liña de cooperativas en cesión de uso (La Borda, La Balma, etc.).

  • Data: xoves, 19 de xaneiro de 2023.
  • Horario: de 19:00 a 20:30.
  • Lugar de celebración: Auditorio da sede Afundación, en rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela [+ver en mapa]

O acceso es libre ata esgotar as prazas dispoñibles. Non obstante, para una correcta organización, para asistir é necesario inscribirse previamente no seguinte [+ENLACE].

 

Compartir