Infórmase que o vindeiro xoves 7 de decembro, con motivos da ponte pola festividades do Día da Constitución e da Inmaculada Concepción, a atención colexial será exclusivamente telefónica e telematicamente. Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.
Atención presencial.
O 7 de decembro non haberá atención presencial en ninguna oficina colexial.
Atención telefónica.
O 7 de decembro, debido á redución de efectivos por mor do desfrute do festivo polo persoal, ese día a capacidade de atención telefónica será inferior á habitual, polo cal recoméndase o emprego de medios de comunicación telemáticos co Colexio.
Atención telemática.
Polos motivos expostos, recomendase que o 7 de decembro o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, se poden realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es,…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería
- Colexiación e Secretaría
- No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.