Infórmase que o vindeiro martes 7 de decembro, con motivos das festividades do Día da Constitución e da Inmaculada Concepción, deberanse ter en conta as seguintes indicacións con respecto á atención colexial en formato presencial, telefónico e telemático. Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.
Atención presencial: As oficinas colexiais de Ourense, Pontevedra Vigo e Ferrol permanecerán pechadas.
Atención telefónica: O servizo de atención telefónica deberase empregar só para cuestións urxentes que non se poidan solucionar por medios telemáticos.
Atención telemática.
Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro 7 de decembro o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es,…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería.
- Colexiación e Secretaría.
En caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.