Atención colexial o martes 1 de marzo “Martes de Entroido”

25 Feb 2022

Atención presencial.

Infórmase que o vindeiro martes 1 de marzo, con motivo da festividade de Martes de Entroido, as oficinas colexiais de A Coruña, Lugo e Ourense permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial nas delegación de Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

Atención telefónica.

Con motivo da festividade do Martes de Entroido, debido á redución de efectivos por mor do desfrute do festivo polo persoal, ese día a capacidade de atención telefónica será inferior á habitual, polo cal recoméndase o emprego de medios de comunicación telemáticos co Colexio.

Atención telemática.

Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro martes 1 de marzo o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, se poden realizar consultas sobre cuestións como:

  • Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
  • Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es,…)
  • Formación
  • Finanzas e Tesourería.
  • Colexiación e Secretaría.

No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Compartir