Ámbitos profesionais no directorio web

12 Abr 2022

O pasado 7 de febreiro informouse das modificacións no directorio público de arquitectos / sociedades dispoñible na web colexial, que incorporaron a opción de marcar e seleccionar ámbitos profesionais. Á vista da crecente demanda de arquitectos por parte de organismos públicos e privados, o apartado de Ámbitos profesionais do directorio web de colexiados, é a mellor opción para promocionar as especialidades profesionais dos colexiados, así como mellorar a súa empregabilidade en determinados sectores.

Neste sentido, indícase que será a ligazón á lista do directorio web a que se facilite aos distintos organismos para que realicen a súa procura particular segundo a especialidade que se requira.

Por todo iso, lembramos a conveniencia e oportunidade de actualizar o perfil público na web do COAG, para ofrecer unha imaxe acorde coas respectiva competencias e habilidades profesionais, tendo en conta que poderá funcionar como unha gran bolsa de traballo.

Máis información na Circular 1 2022

Compartir