Tal e como se indicou na web colexial, no portal de transparencia da Xunta de Galicia publicouse o inicio do trámite de audiencia do Anteproxecto de Lei de Arquitectura de Galicia.
Desde o Colexio estáse a traballar na redacción dun documento de alegacións sobre o Anteproxecto, dentro do trámite de audiencia do mesmo.
Neste sentido, indícase que aqueles/as colexiados/as que o desexen poden facer chegarnos as súas aportacións sobre posibles alegacións, a través da Plataforma de Consultas colexiais, dentro do apartado “Outros“, á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 13:00 horas do vindeiro martes 30 de novembro.