Xa está operativa no COAG-Estudio a “Validación anticipada de estudo xeotécnico” consonte ao acordo da Xunta de Goberno comunicado en Circular 26, do 11.12.2023.
A validación anticipada de xeotécnicos é un servizo gratuíto que serve para evitar os problemas de caducidade das sinaturas dos técnicos que o elaboran. A súa presentación anticipada e validada por visado permite a inclusión posterior dos seus arquivos nos proxectos sen posibilidade de rechazo.
Para elo, terá que crearse un novo traballo da fase de proxecto “Validación anticipada de estudo xeotécnico” onde se incluirá para validar unicamente o arquivo -ou arquivos- do estudo xeotécnico.
O xeotécnico validarase tras comprobar a identidade (mediante a súa sinatura dixital) e habilitación do redactor (mediante a ventá única da súa corporación profesional).
Esta Validación anticipada só afecta a xeotécnicos non visados, pois os xeotécnicos visados garanten a súa validez universal.
Modificouse tamén a FAQ do COAG-Estudio para incorporar esta Validación de xeotécnicos entre os temas de comprobación de sinaturas.