Últimos días para a configuración da colexiación 2025

27 Xan 2025

Recórdase que, segundo se indica na Circular 29 2024, o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2025 rematará hoxe venres 31 de xaneiro ás 23:59 h.

Finalizado o período de configuración voluntaria, o día 1 de febreiro de 2025, para todos aqueles colexiados que non configuraron a súa colexiación, o Colexio procederá a renovala cos mesmos servizos que tiña subscritos o ano anterior. Este criterio aplicarase tamén en caso de ter figurado inscrito nunha Agrupación colexial no exercicio anterior.

En caso de ter aplicado unha bonificación no exercicio anterior, o seu mantemento dependerá das condicións particulares da mesma.

Para obter mais información sobre a cota e servizos colexiais establecidos para o ano 2025, realizar consultas, así como realizar a configuración da cota, deberase acceder ao seguinte ENLACE.

Pode atoparse máis información no seguinte ENLACE.

Compartir