Premios “Gran de Area 2021” | Remate do prazo para a presentación de propostas

15 setembro 2021

Infórmase que o prazo para a presentación das candidaturas aos premios “Gran de Area 2021”, rematará ás 14:00 horas do 16 de setembro.

As Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

As bases poderanse consultar no seguinte ENLACE

A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

Compartir