Tal e como se anuncia na Circular 27/2023, a Xunta de Goberno adoptou o acordo de convocar unha Xunta Xeral extraordinaria para aprobar, se procede, o Regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas Urbanistas” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Na mesma circular figura o acordo de Aprobar o Presuposto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o exercicio 2024 que recolle a proposta de cotas colexiais e de servizos voluntarios e proceder á súa elevación á Xunta Xeral para a súa aprobación definitiva.
Toda a información relativa aos asuntos a tratar e ás modalidades de participación na Xunta Xeral ordinaira e na Xunta Xeral extraordinaria está dispoñible no apartado sobre as Xuntas Xerais do Panel de servizos da web colexial, nos seguintes enlaces: