Poden participar todos/as os/as arquitectos/as menores de 40 anos e vencellados/as a Galicia que sexan autores/as de proxectos, accións, ou intervencións. Amplíase o prazo ata o 22 de febreiro.
O Colexio de Arquitectos de Galicia quere facer visible a alta capacidade de arquitectas e arquitectos de Galicia con menos de 40 anos. Somos conscientes da disparidade de actuacións, emprazamentos e circunstancias que acompañan o inicio da actividade profesional polo que a Xunta de Goberno do COAG decidiu lanzar unha Convocatoria aberta para visilibilizar as accións, proxectos e intervencións mais relevantes elaborados en Galicia ou por persoas nacidas en Galicia aínda que estean traballando fóra.
Entre todos eles seleccionaranse un máximo de 30 proxectos/accións para ser expostos nun evento, pendente de data, no que se fará unha homenaxe a quenes fundaron o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia hai agora 50 anos.
Conforme ao anterior, a Xunta de Goberno, na súa sesión 16/2023 de 11 de decembro, acordou a convocatoria dun proceso para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”, conforme ás BASES que se poden consultar no seguinte enderezo: