Xa está dispoñible a gravación do #COAGconta sobre as axudas do programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para 2025. Pica na siguiente [+ ligazón] Colabora
Asesoramento
Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de mellora da accesibilidade en vivendas e edificios de vivendas para 2025
O luns 24 de marzo, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, cuxa convocatoria se publicou no DOG o pasado mércores 19 de marzo. Durante esta xornada,...
Convocatoria 2025 das axudas do programa de mellora da accesibilidade en vivendas e edificios de vivendas
No DOG do 19 de marzo, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025 con carácter plurianual do Plan estatal para o acceso...
#COAGconta: A factura electrónica
O mércores 19 de marzo de 12:00 a 14:00 horas, tentaremos entender Verifactu, o novo sistema de verificación de facturas da Axencia Tributaria, que será necesario para cumprir coa Lei antifraude. Falaremos das súas características, como nos afecta, a súa entrada en...
#COAGconta: Proxectos parciais e outra documentación técnica do proxecto de edificación
O mércores 5 de marzo ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández explicará os proxectos parciais e outra documentación técnica do proxecto de edificación. A LOE admite que o proxecto se desenvolva ou complete mediante proxectos parciais ou outros documentos técnicos...
Utilidades das Normas de Habitabilidade de Vivendas en Galicia. Actualización 02 | 03 | 26
Actualización 02 | 03 | 26 O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o Instituto Galego de Vivenda e Solo poñen a vosa disposición todas as Utilidades NHV: - Versión consolidada comentada ENLACE - Cadros comparados de cumprimento ENLACE - Fichas gráficas de...
#COAGconta: Erros na confección do Certificado de Eficiencia Enerxética e posible responsabilidade por mala praxe
O mércores 19 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale explicarannos a casuística da concepción dos certificados de eficiencia enerxética de edificios, pois moitos padecen erros de concepto, nula explicación do observado,...
#COAGconta: Memorias de actividade
O mércores 5 de febreiro ás 12:00 horas, Ignacio Soto González falaranos sobre as memorias de actividade, normativa, tramitación, prazos, control, cambios de titularidade, contido etc. Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+...
Acceso á colección completa de Normas UNE
Renovouse a suscrición do CSCAE con AENOR, polo que os colexiados subscritos ao servizo de Normativa disporán do acceso á colección completa das Normas UNE. O acceso está dispoñible a través da páxina da Área Técnica, na zona de utilidades, ou ben a través do Panel de...
Observatorio 2030 CSCAE: Cidade e territorio xusto. Accesibilidade universal
O Observatorio 2030 do CSCAE presenta unha guía para impulsar a accesibilidade universal en pobos e cidades. ● Dos case 26 millóns de vivendas en España, unicamente o 0,6% das vivendas (154.800) son accesibles e 1,8 millóns de persoas dependen doutras para saír das...









