Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.
Busca ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas aquelas persoas e institucións e colectivos que teñan algo que decir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.
Xentes dos campos da arquitectura, urbanismo, xeografía, arte, socioloxía, xornalismo, escrita, docencia, dos colectivos cidadáns… son convidadas a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción co medio natural e construído, e como xorden e se modifican os espazos que habitamos ao longo do tempo.
O que nos reune nestas xornadas é o interese compartido nos temas que afectan á colectividade maís aló de compromisos profesionais específicos, tendo as intervencións un carácter marcadamente divulgador e coloquial.
O programa desta edición incide en temas como os novos retos das cidades e vilas intermedias, o actual papel das aldeas na nosa organización social e territorial e as necesidades da vivienda contemporánea.
As xornadas da edición deste ano 2025 desenvolvense en Ferrol, A Coruña, Santiago e Vigo, completando (coas do ano pasado realizadas en Ourense, Lugo e Pontevedra) o percorrido polas principais ciudades de Galicia.
Nas xornadas desta edición incidese na relación entre a arquitectura e natureza que conforma as nosas paisaxes construidas.
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e Axencia de Protección da Legalidade Urbanística dentro do Convenio do ProxectoTerra de colaboración coa Xunta de Galicia.
XENTES, ESPAZOS E LUGARES 2025 _ ARTE, ARQUITECTURA E NATUREZA NAS PAISAXES QUE HABITAMOS
FERROL _ “O audiovisual como método de recoñecemento do territorio”
Xoves, 20 de Marzo as 17:00h no Centro Cultural Torrente Ballester (R. Concepción Arenal, s/n, 15402 Ferrol)
- Moderador:
- Manuel Gonzalez _ Profesor do Audiovisual e investigador sobre as orixes do cinema documental en Galicia
- Poñentes:
- Elisa Gallego _ Arquitecta e fotógrafa
- Lois Patiño _ Director de Cine
A CORUÑA _ “Arte e a arquitectura. Intervencións no espazo e na paisaxe”
Xoves, 27 de Marzo as 17:00h na Fundación Luis Seoane (Rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña)
- Moderadora:
- Marisa Sobrino _ Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
- Poñentes:
- Monica Alonso _Artista e membro da RAG
- Fernando Blanco Guerra _ Arquitecto e artista multimedia
SANTIAGO _ “A arquitectura como instrumento de relación coa Natureza”
Xoves, 24 de Abril as 17:00h no Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela)
- Moderadora:
- Maria Fandiño _ Arquitecta e paisaxista
- Poñentes:
- Carme Pinos _ Arquitecta
- Covadonga Carrasco e Juan Creus _ Arquitectos
VIGO _ “A paisaxe construida entre o rural e o urbano”
Mércores, 30 de Abril na Delegación de Vigo do COAG (Rúa do Doutor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra)
- Moderadora:
- Cristina García Fontan _ Arquitecta e profesora da UDC especializada en paisaxe
- Poñentes:
- Alfonso Díaz Revilla _ Arquitecto e Urbanista. Profesor da UDC
- Cidalia Ferreira Silva – Arquitecta, profesora de Arquitectura e Urbanismo na Universidade do Minho
Hoxe mercores 30 de abril, ás 17:00 h., terá lugar na sala da Delegación colexial en Vigo a xornada titulada “A paisaxe construída entre o rural e o urbano” que esta organizada polo COAG e a APLU no marco do convenio do ProxectoTerra coa Xunta de Galicia.
Nesta xornada se tratarán de analizar os espazos e lugares entre o rural e o urbano, é dicir, os espazos onde a cidade entra en contacto coa natureza.
Será inaugurada polo presidente da Delegación de Vigo do COAG, Manuel Martínez Carazo; e o coordinador do ProxectoTerra, Manuel Amable; e moderada por Cristina García Fontán, arquitecta e profesora da Universidade da Coruña (UDC) especializada en paisaxe.
A xornada contará coa participación do arquitecto e urbanista, profesor da UDC e presidente da Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas de Galicia, Alfonso Díaz Revilla, responsable do PXOM de Vigo; e coa arquitecta Cidalia Ferreira Silva, profesora de Arquitectura e Urbanismo na Universidade de Minho (Portugal).
Esperámosvos! [+info]
