O vindeiro venres 26 de xaneiro de 2018, ás 10:30 h, terá lugar no Salón de Convencións CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, unha Xornada Técnica sobre o Plan Básico Autonómico.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está tramitando o Plan Básico Autonómico, que é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes.
Este instrumento será de aplicación nos concellos que carezan de Plan xeral de ordenación municipal.
Asemade, terá carácter complementario do planeamento municipal existente, polo que será de aplicación para suplir as posibles indeterminacións e lagunas do planemanto municipal vixente.
Neste momento, o Plan Básico Autonómico está en fase de información pública, téndose solicitado os informes sectoriais preceptivos, de conformidade co previsto no artigo 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Co obxecto de facilitar a achega das alegacións que se consideren oportunas, así como colaborar na elaboración dos informes solicitados, terá lugar unha xornada técnica de traballo que se celebrará o vindeiro venres 26 de xaneiro de 2018, ás 10:30 h, na Sala de Convencións CINC, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Esta xornada será gratuita, pero por razóns organizativas deberá procederse á inscripción na mesma enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: sxurb@xunta.gal
PROGRAMA:
-
- 10:30 Apertura
Dna. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
D. Alfredo García Rodríguez, Presidente da FEGAMP
- 10:30 Apertura
-
- 11:00 Visión Xeral sobre o Plan Básico Autonómico
Mª Encarnación Rivas Díaz, directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
- 11:00 Visión Xeral sobre o Plan Básico Autonómico
-
- 11:30-12:00 Pausa Café
-
- 12:00 Análise técnica e explicación do documento
Eduardo Sobrino Rodríguez, subdirector xeral de Urbanismo
- 12:00 Análise técnica e explicación do documento
-
- 13:00-14:00 Turno de preguntas
Quenda de intervencións para trasladar dúbidas, suxestións e aclaracións sobre o Plan Básico Autonómico.
- 13:00-14:00 Turno de preguntas