Beneficios do sistema indoor Climate Comfort de REHAU
Presentación da xornada técnica online de REHAU sobre o Indoor Climate Comfort system, un sistema global no que todos os compoñentes proceden dunha única fonte e están conectados a través dun sistema de control central. A solución completa para a climatización que garantiza confort térmico con funcións intelixentes que se adaptan os hábitos do usuario.
23 de xaneiro – 20 de febreiro
O cambio climático é cada vez máis perceptible para moitas persoas, mesmo nos seus propios fogares: temperaturas extremas, ondas de calor, humidade elevada, etc. Se se enfrontou a estes desafíos e busca maximizar a eficiencia enerxética nos seus proxectos, o sistema Indoor Climate Comfort de REHAU é a resposta que necesita.
Con este sistema será capaz de controlar de maneira precisa o punto de rocío e a condensación, garantindo un confort térmico óptimo durante todas as estacións do ano.
Nesta xornada técnica mostrarase a solución de como un único sistema de regulación en combinación con sistemas de climatización radiante REHAU é capaz de transformar os seus proxectos. Abordaremos o control preciso do punto de rocío e a condensación, o que permite evitar problemas de humidade e maximizar a eficiencia, garantindo un ambiente confortable e saudable. Ademais, abordaremos a integración total de sistemas radiantes con fancoils e deshumidificadores, ofrecendo unha solución completa xestionada por unha única regulación, NEA SMART 2.0, coa que somos capaces de simplificar a xestión da climatización desde un só termostato, Amazon Alexa ou unha app.
Co sistema Indoor Climate Comfort de REHAU non só resolvemos prestacións técnicas que até agora non podiamos controlar de maneira sinxela, senón que tamén nos permite un aforro enerxético significativo, de até un 20%, grazas ás súas funcións intelixentes de regulación, entre outros. Ademais, o Sistema Indoor Climate é compatible con enerxías renovables, o que facilita a súa integración con sistemas de aerotermia ou geotermia, ofrecendo así unha solución sustentable e respectuosa co medio ambiente.
Nesta xornada, o noso compañeiro Joan Cubedo, Director Técnico de REHAU Building Solutions, compartirá os conceptos crave para un deseño eficiente de instalacións de climatización radiante. Ademais, abordaranse casos prácticos e solucións a problemas comúns na climatización e optimización de espazos.
Programa da xornada:
- Os 3 pilares da eficiencia enerxética
- Temperatura operativa, confort e eficiencia enerxética
- Introducción os sistemas radiantes
- NEA SMART 2.0, a importancia da regulación
- Refrigeración / Deshumidificación
- Sistema Indoor Climate
- Rogos e preguntas.
Ponente: Joan Cubedo _ Director técnico de REHAU Building Solutions.
Data: 23 de xaneiro e 20 de febreiro
Horario: de 9:30h a 10:30h
Programa e Inscripción gratuita: – Enlace
Web: Enlace