Xornada “O catálogo razoado”

8 Feb 2022

O vindeiro mércores, 16 de febreiro de 2022, ás 16:15 horas na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago, terá lugar esta xornada, organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG) e coordinada por Miguel Fernández-Cid.

Realizar o catálogo razoado dun artista é o obxectivo, incluso o soño, dos que administran o seu legado, conscientes de que é o documento de referencia para que investigadores e historiadores estuden a súa obra.

A intención dun catálogo razoado é reunir a totalidade das obras creadas polo artista, coa información máis completa, estudo do estado, datos sobre os seus diferentes propietarios, as exposicións en que foi mostrada ou os medios onde se reproduce. Detrás dun catálogo razoado hai un traballo de investigación especializado, minucioso, para localizar e valorar as obras.

Esta xornada pretende explicar que é un Catálogo razoado, que sentido ten, como se formula e que criterios se deben seguir na súa elaboración.

Contaremos coa participación de Alfonso de la Torre, Sergio “Sacha” Azcona e Carmen Calvo.

Podes consultar o PROGRAMA.

Para asistir, realiza a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN. Prazas limitadas, necesaria a confirmación da solicitude de inscrición.

Imaxe da portada: Manuel Quintana Martelo

Compartir