Está dispoñible na plataforma web dos premios, o resultado da XIX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020.

O xurado seleccionou 6 obras na categoría de Residencial de Nova Planta. Vivenda Unifamiliar, 2 obras en Residencial de Nova Planta. Vivenda Colectiva, 5 en Outros Edificios de Nova Planta, 6 en Obras de Restauración e Rehabilitación, 4 en Obras de Interiorismo, 3 en Arquitecturas Efémeras e Deseño, 3 en Deseño de Espazos Urbanos, Xardinería e Paisaxismo, 4 en Divulgación e Investigación, e 5 en Proxecto Fin de Carreira. O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días.

Premiados

Categoría: Residencial de nova planta. Vivenda unifamiliar

Obra: Surf_house
Autoría: Alvaro Marín Durán | Alfonso Castro Lorenzo | Dosesmas Arquitectos, S.C.P.
Localización: Lugar de Fieiro-Miñortos, O Porto do Son

Categoría: Residencial de nova planta. Vivenda colectiva.

Obra: Edificio de 31 viviendas, local comercial y 2 sótanos
Autoría: 2c Arquitectos, SLP | Angel Cid Carballo | Silvia Diz Places
Localización: Rúa A Estrada,Pontevedra

Categoría: Outros edificios de nova planta

Obra: Campo de fútbol de A Gandareira
Autoría: Abraham Castro Neira | Carlos A. Pita Abad
Localización: A Gandareira, Bandeira, Concello de Silleda, Pontevedra

_mención

Obra: Centro Social en Cornido
Autoría: Covadonga Carrasco López | Juan Creus Andrade
Localización: Cornido, Carnota, A Coruña

_mención

Obra: Centro de Urxencias Extrahospitalarias
Autoría: Cristina Ezcurra de la Iglesia | Cristina Ouzande Lugo
Localización: A Laracha, A Coruña

Categoría: Obras de restauración e rehabilitación

Obra: Rehabilitación de vivienda unifamiliar en Miraflores. Concello de Muros
Autoría: Iago Fernandez Penedo | Oscar Fuertes Dopico
Localización: Lugar Miraflores, Muros, A Coruña

Categoría: Obras de interiorismo

Obra: Terraza cubierta en vacío urbano · Skada Moncloa
Autoría: Ramón Montero Cereijo | Carmen Pérez Parapar
Localización: Rúa Magdalena 66 · Barrio de a Magdalena · Ferrol (A Coruña)

Categoría: Arquitecturas efémeras e deseño

Obra: tribuna pública – Instalación na Praza da Fábrica de Tabacos
Autoría: Luis Manuel Santalla Blanco | Juan Miguel Salgado Gómez | Alba González Vilar
Localización: Plaza de la Fábrica de Tabacos, A Coruña

Obra: cantos somos
Autoría: Jorge Enríquez Méndez
Localización: Rúa Colón 2. Edificio Francisco Sánchez, Tui

Categoría: Deseño de espazos urbanos, xardiñería e paisaxismo

Obra: Urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Piñeiro
Autoría: Santos Vila González
Localización: Piñeiro, Peitieiros. Gondomar

Obra: Rehabilitación da Praza de Armas
Autoría: Carlos Pita Abad
Localización: Ferrol

Categoría: Divulgación e investigación

Obra: «Habitar el agua»
Autoría: Andrés Patiño Eirín.

Obra: Arquitectura e ilusión. Proyectar desde el in-genius loci
Autoría: Óscar Pedrós Fernández

Categoría: Proxecto Fin de Carreira

Obra: Centro Cultural y de Industrias Creativas Stadtlagerhaus
Autoría: Ramón López González
Localización: Regensburg, Alemania

ENLACE Á PLATAFORMA

GRAVACIÓN DA GALA DE ENTREGA: