Na vindeira Xunta Xeral ordinaria, será sometida a votación a proposta da Xunta de Goberno de redución do prezo de tramitación de traballos profesionais.

Esta baixada concretaríase en:

  • Redución da unidade de complexidade de 0,81 a 0,79, o que implica unha redución dun 2,47 % do prezo para todos os traballos.
  • Redución dos prezos de visado de proxectos de uso característico diferente a vivenda unifamiliar e aparcamento.

Con todo isto, hai unha baixada entre o 2,47 % e o 10,47 % para diferentes tipos de traballos, o que supón unha diminución media porcentual do prezo de tramitación dun 5,26 %. Isto concretaríase, a igualdade de traballos presentados en 2017, nunha redución dos ingresos de visado previstos para 2018 de 80.000 €.

Pode consultarse toda a documentación da vindeira Xunta Xeral ordinaria, incluída esta proposta de redución do prezo de tramitación de traballos profesionais, no seguinte ENLACE.