O “6TH international symposium formal architectural methods” a celebrar na Coruña abre a inscrición para asistentes

25 Feb 2022

O simposio céntrase no estudo dos novos desenvolvementos do traballo colaborativo desde a arquitectura e o urbanismo coas Matemáticas e as Ciencias da Computación na definición de procesos de análise, ideación e comunicación alen dos paradigmas coñecidos.

Catro keynote speaker internacionais, 40 conferencias, catro obradoiros, varias exposicións e outros actos paralelos terán lugar nunha semana do 23 ao 28 de maio. A sede dos actos será a ETS de Arquitectura da Coruña.

Inscrición e información en: https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1370&idioma=GA

Colexiados e colexiadas COAG disfrutan de cota de matricula rebaixada.

Compartir