Inspección, reparación e mantemento de edificios | Estruturas

13 Xan 2022

Actuar sobre máis da metade das viviendas existentes en España antes do 2025 para cumprir cos compromisos europeos constitúe un gran reto para a nosa profesión. As axudas procedentes dos fondos “Next Generation” que o goberno vai destinar a impulsar a rehabilitación de viviendas e edificios, contribuirán a crear oportunidades profesionais para as que debemos estar preparados. Dende o COAG entendemos que, cada vez máis, a carga de traballo nos nosos estudios de arquitectura vaise desenvolver no ámbito da rehabilitación e intervención en edificios existentes.

Neste contexto profesional, dentro da nosa liña formativa de Tecnoloxía da construcción e rehabilitación, propoñemos unha serie de cursos (de matrícula independente) para abordar a formación específica en materia de inspección, reparación e mantemento de edificios, que se vai completar ao longo do ano académico, e cuxo obxectivo principal será capacitar ao alumno no recoñecemento, a detección, a avaliación e o diagnóstico previo das diferentes patoloxías que poden orixinar danos nas edificacións existentes, afectando aos diferentes elementos construtivos que a integran: dende a cimentación ata a envolvente.

Preténdese situar ao alumno no contexto social, administrativo e xurídico da inspección e o mantemento de edificios; así como presentar experiencias, metodoloxías e criterios técnicos que lle permitirán enfrontarse con seguridade a traballos profesionais desta natureza. Todo dende un punto de vista práctico.

Neste primeiro curso afondaráse nos aspectos técnicos relacionados específicamente co sistema estrutural das edificaciones, identificando as lesións máis habituais en cada unha das diferentes tipoloxías estruturais (formigón, aceiro, madeira, fábrica), as súas causas, xeitos de prevención e sistemas de reparación.

O alumno acadará a capacidade e os coñecementos necesarios para realizar con rigor estudos de patoloxías, informes periciais e ditámes relativos aos danos e lesións que poden aparecer na edificación, diagnosticando as causas e apuntando solucións paraa súa reparación.

As materias desenvolvidas apoiaranse na exposición de contidos teóricos e en talleres prácticos. A metodoloxía, actividades e programación detállanse no programa do curso.
Prezos de matrícula:
  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 55 euros
  • Arquitectos colexiados suscritos ao servizo de formación: 30 euros

Metodoloxía 

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • Posibilidade de seguemento on line [en tempo real] ou off line [en diferido]
  • O curso desenvólvese en modalidade íntegramente on-line, utilizando como soporte a plataforma de formación on line do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaránse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 16/01/2022 ás 23:59 h.
  • Todas as modalidades: dende as 00:00h do luns 17/01/2022 ata o domingo 23/01/2022 ás 23:59h.  

Programa completo  

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporalización e modalidades de seguemento.

Compartir