Curso de práctica profesional 2023

17 Xan 2023

Este curso ten como obxectivo facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda no coñecemento dos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos seus diferentes ámbitos, servindo ademais como como iniciación aos profesionais máis recentes. Así, o curso está dirixido a:

  • Arquitectos con experiencia que desexen actualizar os seus coñecementos nos distintos aspectos e ámbitos relacionados coa práctica profesional.
  • Arquitectos que se están iniciando na práctica profesional da arquitectura.

Ao longo do curso, levará a cabo un percorrido polos principais aspectos relacionados cos diferentes ámbitos de exercicio da profesión, que se estruturará nos seguintes bloques temáticos:

  • BLOQUE 1: AS OBRAS
  • BLOQUE 2: A TRAMITACIÓN
  • BLOQUE 3: OUTROS TRABALLOS
  • BLOQUE 4: OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS, que integra cuestións de carácter xeral ou relacionadas con cada unha das fases concretas, sobre aspectos transversais cuxo coñecemento é imprescindible para o desenvolvemento profesional dos arquitectos, como son: algunhas cuestións de tipo xurídico e administrativo (por exemplo, o contrato privado: como contratar e ser contratados), a estimación dos custos derivados do noso traballo, algúns aspectos tecnolóxicos relacionados coa profesión. deontoloxía, etc.

Prezos de matrícula

Pola temática do curso e a súa esencial vinculación co exercicio profesional do arquitecto, os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidosO aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 90 euros
  • Arquitectos colexiados: 30 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 10 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente on-line, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 19/01/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 19/01/2023 ata o xoves 26/01/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Compartir