Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. Ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Deste xeito, o curso está dirixido a arquitectos e perfís técnicos que desexen unha visión xeral sobre as características da madeira e a súa utilización en construcción e edificación.
Ao longo do curso, levarase a cabo un percorrido polos principais aspectos relacionados cas características técnicas da madeira, que se estruturarán nos seguintes bloques temáticos:
- BLOQUE 1: PROPIEDADES E DESEÑO CONSTRUTIVO
- BLOQUE 2: REHABILITACIÓN E CÁLCULO ESTRUTURAL
- BLOQUE 3: VISITA PRÁCTIA A EMPRESAS E OBRAS
Prezos de matrícula
O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.
- Matrícula ordinaria: 80 euros
- Arquitectos colexiados: 35 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Complementase con dúas visitas presenciais de carácter voluntario.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 06/08/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 06/08/2023 ata o martes 05/09/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]