Curso de Disciplina Urbanística. O réxime das actuacións e edificacións ilegais.

4 Abr 2024

O obxectivo deste curso é que o alumnado adquira, desenvolva e mellore os coñecementos necesarios para o exercicio profesional en materia de Disciplina Urbanística.Abordaranse ás principais cuestións relativas á inspección urbanística, os procedementos de restitución da legalidade urbanística e sancionadores, así como o réxime das edificacións en situación de fóra de ordenación ou desconformidade, e a tan nova e conflitiva inscrición rexistral de obras, construcións e instalacións respecto das cales non proceda a adopción de medidas de restitución da legalidade urbanística. Para iso, analizarase a normativa actual con referencias prácticas que farán máis accesible e aproveitable o curso.

As exposicións teóricas complementaranse cunha mesa redonda na que poderá participar o alumnado expoñendo as súas dúbidas, comentarios e achegas.

Prezos de matrícula

Os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula: (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 9/04/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 9/04/2024 ata o luns 15/04/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Compartir