Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o mércores 5 de xuño terá lugar a primeira das conferencias do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.
Este primeiro relatorio terá como protagonista o estudo Müller.Feijoo Arquitectura que nos falarán dos seus principais proxectos e obras, que abarcan diferentes escalas, alcances e enfoques, desde a rehabilitación de vivendas a edificios de uso público.
PONENTES
Müller.Feijoo Arquitectura é un estudo fundado en Ourense en 2007 polos arquitectos Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo Rey.
Dedícanse principalmente á realización de proxectos de equipamentos e edificios públicos, así como obras de vivenda e rehabilitación de edificacións.
Ambos son arquitectos pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, completando os seus estudos en Suíza na Accademia di Architettura dei Mendrisio, cos profesores Luigi Snozzi e Peter Zumthor.
O seu interese pola rehabilitación levoulles a obter, respectivamente, o título de Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica e o Diploma de Estudos Avanzados en Construción, Patoloxía e Restauración Arquitectónica, ambos pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, así como o título de Posgrao Especialista Universitario en Deseño e Cálculo de Estruturas de Edificación pola Universidade da Coruña.
Despois de colaborar no estudo de arquitectura Creus e Carrasco na Coruña deciden formar o seu propio estudo.
A súa obra foi recoñecida en diversos premios de arquitectura.
INSCRICIÓN
Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.
A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DATA:
Mércores 5 de xuño de 2024
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Salón de actos do Museo do Pobo Galego.
Costa de San Domingos s/n. Santiago de Compostela
PATROCINADORES:
Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este proxecto:
- Finsa, Transformación industrial da madeira
- Grupo Rodiñas, Prefabricados de formigón
- Cortizo, Sistemas de aluminio e PVC
- iGuzzini, Sistemas de iluminación
- Martín Códax, Bodegas Martín Códax