Conferencia de José Mª Ezquiaga: “La ciudad que queremos. Los planes que necesitamos”

17 Abr 2024

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de 6 conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fora de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.

A terceira conferencia terá lugar o vindeiro xoves 25 de abril, ás 19:30 horas, impartida por José María Ezquiaga, titulada “A Ciudade que Queremos. Os planeamentos que Precisamos”. Ezquiaga defende que o sistema de planeamento español atravesa unha profunda crise de lexitimidade que afecta as súas dimensións técnica, xurídica e social. A conferencia analiza as consecuencias que o singular vínculo entre o plan, como ferramenta técnica de goberno do territorio e como instrumento de regulación do estatuto da propiedade do chan, ten na obsolescencia do sistema: sobrerregulación, burocratización e xudicialización do plan. Conclúe formulando unha proposta de reforma sustentada nunha concepción estratéxica do planeamento municipal entendido como ferramenta de gobernanza espacial e plataforma de diálogo entre a sociedade civil e os poderes públicos e unha axenda renovada de obxectivos para a transición urbana.

PONENTE

José Mª Ezquiaga é Doutor Arquitecto e Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. É tamén profesor da Universidade Politécnica de Madrid.

Estivo vencellado á cidade e ao proxecto urbano dende o inicio da súa actividade profesional. Nos últimos anos centrou o seu interese académico e profesional na investigación teórica e integración proxectual das diversas escalas, xeográficas e sociais, que conforman o territorio e a cidade.

Desempeñou diversas responsabilidades nas Administracións Públicas: Director de Plan do Concello de Madrid (1985-88), Director Xeral de Urbanismo (1988-91) e Director Xeral de Planificación Urbanística e Concertación da Comunidade de Madrid (1991-95). Presidente da Asociación Española de Técnicos Urbanistas dende 2018 e Decano do Colexio de Arquitectos de Madrid (2015-19)

É fundador da oficina Ezquiaga Arquitectura Sociedade e Territorio (1996), sendo distinguido con diversos premios e recoñecementos profesionais, entre eles o Premio Nacional de Urbanismo 2005, o Premio Europeo de Urbanismo ECTP-CEU 2012, XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013, Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo 2012, o Premio Europeo Gubbio de l´Associazione Nazionale Centri Storico-Artistici de Italia 2006 e 2012, Arquitectura Internacional do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España 2015.

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:

Xoves 25 de abril de 2024

HORARIO:

19:30 a 21:00 horas

LUGAR:

Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela

Compartir