Cancelación da conferencia maxistral de Jan Gehl

14 Dec 2021

Por indicación do deputado de Mobilidade e Espazos Públicos lamentamos comunicar que a Deputación de Pontevedra, por responsabilidade e principio de prudencia ante a situación da pandemia, vese na obriga de cancelar a conferencia maxistral de Jan Gehl prevista para o vindeiro xoves día 16 en Pontevedra.

Entendemos que a celebración de maneira telemática do relatorio non cumpriría as expectativas nin do propio Jan Gehl, interesado en visitar persoalmente Pontevedra, como das persoas asistentes, que agardaban unha análise local do traballo feito no espazo público da provincia por parte do arquitecto e urbanista danés.

En calquera caso, ten vostede a posibilidade de asistir de maneira telemática á clausura da Facultade Ágora, acto no que se exporán as conclusións técnicas dos seminarios realizados dende o mes de abril.

Neste evento estará presente o director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Iñaqui Carnicero; así como o alcalde de Pontevedra e presidente da Rede de Cidades que Camiñan Miguel Anxo Fernández Lores; xunto con representantes do goberno provincial.

De estar vostede interesado ou interesada é preciso que o faga saber a esta dirección e recibirá un enlace de ZOOM.


Mail: agora@depo.es

Web da Deputación

Compartir