Dase traslado da comunicación recibida no COAG dende a Secretaría Xeral do Territorio e Urbanismo.
Co fin contribuír ao coñecemento do novo marco urbanístico autonómico que entrará en vigor o 19 de marzo, a Xunta de Galicia organiza unha xornada técnica para a presentación da NOVA LEI 2/2016 DO SOLO DE GALICIA que se celebrará o luns 14 de marzo, no salón de convencións da Cidade da Cultura (Edificio Cinc), Santiago de Compostela.
A presentación será inaugurada as 10:30 h. pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero.
A Xunta de Galicia agradece a difusión que poida dar a XORNADA da que achegamos programa, entre os técnicos e profesionais que interveñen na planificación urbanística de Galicia.
Prégase confirme asistencia antes do 10 de marzo neste enlace, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
14 MARZO 2016 – SANTIAGO DE COMPOSTELA
Cidade da Cultura – Edificio Cinc – Salón de Convencións
PRESENTACIÓN
NOVA LEI 2/2016 DO SOLO DE GALICIA
PROGRAMA
10:00 Recepción asistentes
10:30 INAUGURACIÓN PRESENTACIÓN
Beatriz Mato Otero; Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
10:45 OBXECTIVOS E OPORTUNIDADES DA NOVA LEI DO SOLO 2/2016 INSTRUMENTO PARA O USO RESPONSABLE DO URBANISMO
Encarnación Rivas Díaz; Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
11.30 Descanso
12:00 Principais novidades LOUG/LEI 2/2016
Eduardo Sobrino; Subdirector Xeral de Urbanismo
13:00 Quenda de preguntas
13:30 CLAUSURA
Máis información: 981 54 43 56