O próximo mércores, 26 de xuño, ás 11:30, terá lugar unha xornada informativa sobre o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). O obxectivo desta xornada é informar aos colexiados sobre o novo sistema de cotización para autónomos e as súas principais novidades.
Este réxime, pertencente á Seguridade Social, é un dos sistemas dispoñibles no que pode inscribirse calquera persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica, e que nós, como arquitectos, podemos empregar para tributar polos nosos ingresos como profesionais libres.
Podedes trasladar calquera pregunta relacionada co Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) a través do seguinte formulario.
Relatora:
Dna. Victoria Regueira Rodríguez. Membro do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social. Letrada xefa do Servicio Xurídico Delegado no ISM de A Coruña. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cursos de Doutorado. Formadora en temas da Seguridade Social na EGAP, Dirección Provincial do INSS, Xunta de Galicia, no Máster da Xurisdicción Social no ERLAC e en distintos colexios profesionais.
Data:
Mércores, 26 de xuño, ás 11:30.
Modalidade:
En liña.
Inscrición:
Para asistir á xornada, é preciso inscribirse na seguinte [+ligazón]