Xornada de asesoramento on line sobre o programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

12 Abr 2022

O vindeiro mércores 13 de abril, de 12:00 a 14:00 horas, o COAG celebrará unha xornada de asesoramento, en formato on line, sobre o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas.

A mellora da vivenda supón a mellora das condicións de saúde da poboación. Así, a rehabilitación, entendida como o proceso polo cal un edificio recupera as súas prestacións e mellora da calidade de vida das persoas que o habitan, debe ser, ademais, unha gran oportunidade para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios e o fomento de enerxías limpas. Ademais, a actual crise causada pola pandemia da COVID-19 demostrou en maior medida a importancia dunhas condicións saudables da vivenda. A implantación cada vez maior do teletraballoo e da educación a distancia deriva necesariamente nun aumento do tempo que pasamos dentro da vivenda, onde desenvolvemos novas actividades.

Así, o compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dedícase á implementación da Axenda Urbana Española, onde unha dos seus investimentos está destinada á mellora da eficiencia enerxética en vivendas, coa finalidade de financiar actuacións ou obras de mellora. Nesta xornada, trasladarémosvos a información relativa á convocatoria destas axudas.

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ enlace]

Bases reguladoras:  Real Decreto 853/2021
Convocatoria: Resolución
Páxina de información del IGVS: Páxina web
Guía de las axudas para rehabilitación enerxética: Guía para as axudas
Oficina de Rehabilitación de Vivenda: 881 045 897
Correo-e de consultas: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal

 

Compartir