A partir do xoves 23 de xullo de 2026 será obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder subscribir Certificados de Eficiencia Enerxética. Ese mesmo día está previsto que se habiliten, na Sede electrónica do MITERD, as ligazóns para iniciar a tramitación.
Sinalamos que:
– A medida deriva do Real Decreto 659/2025, do 22 de xullo, que modifica o Real Decreto 390/2021.
– Os arquitectos/as acceden á actividade pola vía 1, sen requisitos formativos adicionais.
– A acreditación obtense presentando unha declaración responsable ante o órgano competente da comunidade autónoma do domicilio fiscal, antes de iniciar a actividade. Habilita para exercer en todo o territorio nacional e non ten data de caducidade.
– Atención: quen teña domicilio fiscal na Comunitat Valenciana, a Comunidad de Madrid ou o País Vasco contan cun procedemento autonómico propio.
Na seguinte ligazón atoparedes tanto o rexistro como máis información: Rexistro Administrativo Centralizado de Técnicos Competentes.
