Os arquitectos lanzan unha nova campaña para informar á cidadanía sobre a rehabilitación integral de vivendas e as axudas dispoñibles, cun tríptico que poderán utilizar nos seus estudos e distribuilo libremente entre os seus clientes.
Este folleto ven completar a difusión iniciada coa web e o vídeo de “A mellor versión”, onde se pon ao dispor de particulares e comunidades de propietarios información sobre os beneficios da rehabilitación, as axudas públicas e as vantaxes de contar cun/a arquitecto/a que xestione o proxecto de forma integral.
Con esta iniciativa, os/as arquitectos/as reivindican a visión integral necesaria para ofrecer un diagnóstico rigoroso das necesidades da vivenda ou edificio e as solucións adecuadas para para mellorar as condicións de eficiencia enerxética, accesibilidade, confort e habitabilidade do parque de vivendas do noso país.