Vídeo e exemplos sobre PVGIS, software de cálculo fotovoltaico

29 Nov 2022

O servizo de asesoramento en materia de aforro enerxético do COAG pon a disposición dos colexiados unha documentación explicativa, de carácter práctico, sobre o programa PVGIS, software de cálculo fotovoltaico.

  • Un vídeo, con dúas partes (accesibles desde o índice do propio vídeo):
    • Comezando cos paneis fotovoltaicos: PVGIS. Este programa permítenos estimar de forma sinxela a produción eléctrica mes a mes dunha instalación fotovoltaica, co só aportar uns poucos datos. Tamén se explica que parte da produción eléctrica debe considerarse, tanto para o cumplimento do HE como para a CEE dunha edificación.
    • Explicación avanzada del PVGIS. Orientación solar: azimut, elevación, orientación. Cartas solares: cilíndrica (CE3X) e esférica (PVGIS). Introdución de sombras que poden afectar ao rendemento dos paneis.
  • Un documento onde se detalla o desenvolvemento numérico sobre a optimización da produción eléctrica e a análise económica dun caso real.

Podes acceder a esta documentación no seguinte [+ enlace].

Lembrásmoche que, a través da plataforma de consultas, tes á túa disposición os servizos de asesoramento sobre eficiencia enerxética e sobre axudas á rehabilitación.

Agardamos que esta documentación resulte do teu interese.

Compartir