PUBLICACIÓNS E UTILIDADES. MATERIAL DIVULGATIVO

27 Set 2023

Na web da Oficina de Apoio á Rehabilitación do COAG hai un novo apartado con material divulgativo, onde poñemos en valor, ante a sociedade galega, o traballo do arquitecto desde todos os puntos de vista, así como información sobre os beneficios da rehabilitación, as axudas públicas e as vantaxes de contar cun/a arquitecto/a que xestione o proxecto de forma integral.

Este material nace coa vocación de que os arquitectos o poidan utilizar nos seus estudos e difundilo libremente para promocionar o seu traballo entre os seus clientes. Porque a miúdo esquecemos que a boa arquitectura mellora as condicións de vida das persoas incidindo directamente na súa saúde.

Para acceder pica aquí

Compartir