Actualizado 03 | 05 | 22 | Esta guía elabórase co obxecto de acercar e dar unha orientación das axudas para eficiencia enerxética de edificios, no marco dos fondos europeos de recuperación, pero débese atender ás bases reguladoras, así como aos requisitos correspondentes de cada convocatoria na súa publicación no DOG.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo elaborou unha guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de Eficiencia Enerxética en vivenda co fin de acercar e dar unha orientación das axudas para eficiencia enerxética de edificios, no marco dos fondos europeos de recuperación.
No documento trátanse os conceptos básicos sobre eficiencia enerxética, as axudas, contías e beneficios fiscais, os programas para o financiamento de obras de eficiencia enerxética e un exemplo práctico que axudará á cidadanía a entender e coñecer os procedementos e requisitos necesarios para ser beneficiarios destas axudas.
Para descargala pique AQUÍ