#COAGconta: Programación xullo 2026

2 Xul 2026

#COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.

Informámosvos a continuación das xornadas programadas para este mes de xullo.

PROGRAMACIÓN XULLO

  • 08/07 _ Aplicación da IA con Fredy Fortich de MVRDV 
  • 22/07 _ Eficiencia enerxética. Análise de casos reais de amortización da implementación de paneis fotovoltaicos nunha nave industrial e nunha residencia de anciáns.

A inscrición nas distintas xornadas pode facerse dende esta [+ligazón].

Aquí pode consultarse a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.

Lembrámosvos así mesmo que as gravacións dos #COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web, á que tamén se pode acceder a través do panel de servizos colexial (sección de formación).

Coa colaboración de 

Compartir