#COAGconta: Los instrumentos de medida del arquitecto

27 Nov 2025

O mércores 10 de decembro, de 12:00 a 14:00 horas, Débora Serrano García, Dr. Arquitecto, falaranos sobre os instrumentos de medida do arquitecto.

INSTRUMENTOS DE MEDIDA. TODO O QUE NON É MEDIR É OPINAR

A esixencia normativa en materia de edificación e a calidade necesaria nos proxectos cada día é maior. Á hora de verificar os traballos executados, debemos ser capaces de facelo co mesmo rigor.
Hoxe en día temos unha gran cantidade de ferramentas de diagnóstico á nosa disposición que nos permiten ser obxectivos e achégannos suficiente información para tomar decisións e establecer medidas proporcionais.
Desde ferramentas máis complexas que poidan esixir colaboradores expertos, ata unha simple tarxeta de fisuras, é importante saber con que ferramentas podemos contar para facer unha correcta avaliación desde cuestións estruturais complexas ata elementos de acabados pasando por elementos básicos como a estanqueidad.
Esta charla é un achegamento a un apaixonante mundo do diagnóstico que nos vai a axudar a entender como funcionan os edificios.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora  

Compartir