O martes 16 de decembro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale falarannos do informe sobre medidas de mellora, documento que debe acompañar ao CEE de edificios, tanto novos como existentes. Desenvolverán diversos exemplos, con CE3X e con HULC, analizando distintas melloras desde o punto de vista da análise enerxética e económica, e xustificando vantaxes e inconvenientes de cada unha delas. Tamén realizarán algúns “números gordos” para aproximarnos á mellor opción.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
