#COAGconta: Caso de éxito de prefabricación e xénero. La Balma

18 Nov 2025

O mércores 26 de novembro, de 12:00 a 14:00 horas, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito coa cooperativa de vivendas en cesión de uso, La Balma, de Lacol Arquitectura Cooperativa.

Ao longo destes anos estivemos vendo algúns dos mellores exemplos de arquitectura sostible, e agora queremos ampliar o campo de acción á prefabricación e á vivenda con perspectiva de xénero. E que mellor exemplo que estas interesantes vivendas cooperativas.

Ver máis

CASOS DE ÉXITO. PREFABRICACIÓN E PERSPECTIVA DE XÉNERO: LA BALMA, VIVENDAS COOPERATIVAS
LACOL ARQUITECTURA COOPERATIVA

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]

Compartir