Charla-coloquio: “Aplicacións de IA no estudo”

6 maio 2025

Nesta charla-coloquio trataremos de coñecer e explorar os beneficios que poden achegar algunhas ferramentas baseadas en IA ao traballo diario dun estudo de arquitectura.

Para iso, contaremos con compañeiros que expoñerán como están a utilizar estas ferramentas e que vantaxes obteñen, así como as principais precaucións e riscos que se deben considerar no seu uso.

Ademais, esta charla-coloquio plantéxase como un foro aberto no que todos os compañeiros poidamos intercambiar experiencias e coñecementos no uso da IA, así como para debater o seu potencial impacto na profesión.

Participan:

  • Rogelio Carballo Solla, arquitecto.
  • Jose Antonio Fernández Davila, arquitecto.
  • Iván Vidal Urgal, arquitecto.

Moderan:

  • Rocío Lamas Pérez-Cepeda, arquitecta. Área Técnica COAG.
  • Manuel Lajos Couselo, arquitecto. Área Técnica COAG.
  • Manuel Ángel Da Cruz Blanco, licenciado en física. Área Informática COAG.

A asistencia é gratuíta, sendo precisa a inscrición a través do seguinte [+enlace].

  • Data: 15 de maio.
  • Hora: 19:00 horas.
  • Lugar de celebración: Delegación de Vigo do COAG. Doutor Cadaval, 5 [+ver mapa]

Compartir