No ciclo de xornadas sobre Casos de éxito, poñemos ao alcance da sociedade galega algúns dos mellores exemplos de rehabilitación sostible de edificios, onde os arquitectos, ademais de proxectar arquitectura de calidade, obtiveron bos resultados na mellora da eficiencia enerxética e outros aspectos da sustentabilidade, como poden ser a súa integración ambiental, o uso de materiais naturais ou reciclaxes, enerxías renovables, circularidade, iluminación natural, calidade do aire, certificados de construción sostible etc. Todo iso encamiñado a lograr o confort e benestar dos usuarios, o que redundará nunha mellora da calidade de vida e a saúde de todos nós.
CASOS DE ÉXITO. REHABILITACIÓN SOSTIBLE.
03 Rehabilitación de vivenda unifamiliar entre medianeiras
Sar 415702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Alberto Quintáns Arrondo | Cristina Margarita Ansede Viz
Para acceder á presentación pincha aquí