A revisión normativa que se ven producindo no ámbito da vivenda dende o ano 2007, xunto cos recentes programas de axuda á rehabilitación residencial, xustifican que o asesoramento sexa un servizo imprescindible para exercer a profesión con garantías e enfrontarse con seguridade ao deseño das vivendas e dos edificios de vivendas.
Por elo, froito do convenio de colaboración IGVS-COAG, xurde esta nova liña dixital de asesoramento, onde redactores das normas e expertos en habitabilidade pretenden dar soporte a todas as consultas sobre a aplicación das normas de habitabilidade de vivendas en Galicia, especialmente a aquelas que están a xurdir trala recente modificación das normas.
E as respostas deste servizo contan coa validación dos servizos técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Para acceder, pica aquí