Esta nova versión incorpora a novidade dunha nova funcionalidade para o cálculo dinámico de proteccións solares (dispositivos de sombra móbiles) a partir de UNE-EN ISO 52022-1:2017. Tamén se realizan modificacións para impedir rendementos de sistemas ideais eléctricos de calefacción superiores á unidade e BdC con rendementos inferiores á unidade e axústanse os valores mínimos das pontes térmicas cando se producen extrapolacións con respecto ás táboas de referencia. Corrixe problemas detectados coas pontes térmicas e as ventilacións cando se utilizan multiplicadores de planta e realízanse correccións de problemáticas detectadas na xeración de documentación administrativa (certificados, arquivos xml) así como problemas no cálculo da porcentaxe de ACS con achega solar térmica.
Actualización de HULC para a verificación do DB-HE 2019
