Xornada de asesoramento sobre o IAE – Concello da Coruña

5 Set 2023

O luns 18 de setembro, entre as 16:30 e as 20:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha xornada de asesoramento sobre o IAE, Informe de Avaliación de Edificios, impartida por técnicos do Servizo de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña.

Esta xornada está impulsada pola Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, na súa función de velar polo cumprimento da obrigación de redactar estes informes para os edificios que así o contempla a Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG núm. 83, de 02/05/2019 e BOE núm. 126, de 27/05/2019), que entrou en vigor o 22/05/2019:

a) Os edificios catalogados, independentemente da súa antigüidade e uso.
b) Os edificios de uso residencial cunha antigüidade de máis de 50 anos, conforme á definición e clasificación establecidas para dito uso no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
c) Os edificios de outros usos non residenciais cunha antigüidade de máis de 50 anos, excepto os localizados no ámbito de aplicación das normas zonais 6 e 7.

A xornada ten como obxectivo ofrecer asesoramento técnico especializado ao colectivo de arquitectos/as para a redacción dos IAE, nun momento en que a carga de traballo relacionada con este tipo de informes pode ser significativa debido a que moitos edificios van ter que contar con estes informes antes do 20/05/2024 (máis información aquí: <https://www.coruna.gal/vivenda/gl/iee?argIdioma=gl>).

RELATORES DO SERVIZO DE REHABILITACIÓN E VIVENDA DO CONCELLO DA CORUÑA

– Lucía Fernández Constenla, arquitecta
– Diego Tarrío Vilá, arquitecto
– Mónica Ínsua Caamaño, Xefa da Sección de Conservación da Edificación e Ruínas

PROGRAMA

16:30

– IAE. Marco regulador. Ámbito de aplicación no concello da Coruña e prazos para a súa presentación. Suspensión de prazos.
– Contido e elaboración do IAE. Identificación e definición do edificio. Axentes implicados. Datos xerais.
– Avaliación do estado de conservación. Datos xerais da inspección. Definición e clasificación das deficiencias. Comunicación de perigos ou riscos inminentes.
– Análise das condicións básicas de accesibilidade. Medidas de adecuación.
– Certificación enerxética no IAE.

18:30

– Rolda de consultas coa participación dos relatores.

DATA:
Luns 18 de setembro 2023 – 16:30-20:00 horas

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZAN
Concello da Coruña
Delegación de A Coruña do COAG

COLABORAN
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir