Trámite de información pública sobre a ordenanza reguladora das actuacións de rehabilitación para mellora enerxética dos edificios da Coruña

14 Feb 2025

Até o día 20 de febreiro está aberto o prazo para presentar reclamacións ou suxerencias á Ordenanza reguladora das actuacións de rehabilitación para mellora enerxética dos edificios da Coruña.

O obxecto desta ordenanza, segundo reza o anuncio da Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, é “regular as condicións que se deben observar para intervir nas fachadas dos edificios ao implantar os sistemas destinados a incrementar a súa eficacia enerxética”.

A documentación sobre esta ordenanza, necesaria para realizar este trámite de reclamacións ou suxerencias, pode atoparse aquí: https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=22444

Lémbrase tamén que o trámite de consulta pública previa foi anunciado aquí: https://portal.coag.es/acoruna/tramite-de-consulta-publica-sobre-a-nova-ordenanza-de-regulacion-das-actuacions-de-rehabilitacion-para-a-mellora-da-eficiencia-enerxetica-do-concello-da-coruna/

Compartir