Servizo de cita previa en Urbanismo no Concello da Coruña

2 Dec 2024

A concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda acaba de poñer a disposición dos colexiados/as un Servizo de atención presencial que permitirá aos arquitectos/as atender as diversas consultas que poidan ter, relativas aos informes técnicos emitidos nos servizos de urbanismo do Concello da Coruña.

Así, os colexiados/as que teñan trámites abertos nesta concellería, e técnico asignado, poderán falar directamente co técnico que leva o seu expediente.

A cita presencial tramitarase no seguinte enlace:

https://www.coruna.gal/urbanismo/es/cita-previa/pida-aqui-su-cita-presencial

Compartir